FESTA DO SAN MARTIÑO

Festas de interese turístico
6264
Datas de celebración: 10/11 - 12/11

Localización

Parroquia: Moaña (San Martiño)

Moaña - Pontevedra

Coordenadas:
42º 17' 06.7" N - 8º 44' 53.6" W

Descrición

A celebración destas festas remóntase ao ano 1237, data do remate do templo histórico de San Martiño Patrón de Moaña ,que esta situado no barrio do Cruceiro, aínda que aparece documentado por primeira vez nun expediente de 1637.
Na actualidade consérvanse costumes ancestrais como afuranchar o viño nos baixos das centenarias casas, viño que eles chamaban “sobrantes da colleita”despois de encher as pipas para todo o ano, a matanza do porco e as castañas. Nestas Festas móntanse, dependendo da colleita do ano, de 30 a 35 “furanchos”, o recinto de Festas esta cuberto cunha gran carpa e dende a mañá ata a madrugada a música non para durante os tres días de festexos: bandas de música, charangas, grupos traicionais, xogos populares para nenos e maiores, magosto, orquestras para as noites, postos de venta  de toda clase .
Os actos  relixiosos son seguidos por milleiros de persoas, o día 11 San Martiño invita a saír en procesión á Virxe do Carme, imaxe única en España feita dun tronco de carballo dunha soa peza , de gran tamaño e un peso considerable.

Outras características

Relixiosas
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba