ÁREA ETNOGRÁFICA DE A INSUA

Áreas de recreo e miradoiros
3462

Localización

Parroquia: Covas (San Xoán)

Lugar: Escourido

27850  Viveiro - Lugo

Coordenadas:
43º 41' 32.1" N - 7º 36' 38.7" W

Descrición

Na Insua estaba o antigo Cargadoiro de Mineral das Minas de Ferro, situadas no monte de Silvarosa, nas parroquias de Covas e Vieiro. Esta actividade supuxo unha importante fonte de riqueza para Viveiro a finais do século XlX e principios do XX.

O transporte do mineral efectuábase por medio dun tranvía aéreo bicable, sistema Bleichet, de 5.570 m de lonxitude. A operación realizábase polo propio impulso da carga xa que aproveitaba o desnivel da ladeira ata o mar. Transportaba tres toneladas de mineral en doce horas. Ese cable aéreo foi o primeiro da súa clase que se instalou en Galicia. O mineral cargábase na zona máis alta cun dispositivo de almacenamento de grandes tolvas de uso alternativo e con saída inferior, un tonel recollía o mineral na parte baixa das tolvas para facelo chegar a unha estructura inferior de ferro que se adentraba no mar. Alí, no Cargadoiro da Insua, lavábase e volcábase directamente nas embarcacións con destino a Alemaña e Inglaterra co obxectivo principal de fabricar canóns.
Arriba