MOURÓN

Áreas de recreo e miradoiros
818

Localización

Parroquia: Ortigueira (Santa Marta)

15330  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 41' 15.3" N - 7º 51' 31.4" W

Descrición

A área de recreo do Mourón atópase ao final do paseo marítimo, xunto ás instalacións deportivas municipais e ao circuíto biosaudable. Ademais está próximo ao inicio da ruta de sendeirismo do Bordo Litoral, que bordea a ría ata a praia de Morouzos, cun total de 5,5 km.

A zona de xogos está dotada de pavimento continuo de caucho, media ducia de aparatos de madeira e unha pequena zona arborada pensada para o descanso. Ao seu carón hai un espazo destinado a picnic con mesas e bancos de madeira. 

Toda a zona conta cun amplo aparcadoiro e un punto de carga e descarga para as autocaravanas. 
Arriba