MUÍÑO DO CAMPO DA TORRE

Áreas de recreo e miradoiros
784

Localización

Parroquia: Ortigueira (Santa Marta)

Lugar: O Campo da Torre

15330  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 41' 05.6" N - 7º 51' 23.2" W

Descrición

Atópase no máis alto do outeiro que domina a Vila, sobre o barrio do Ponto, o que ofrece unha panorámica da Vila e da ría.
Construído no ano 1888, no lugar de onde se erguera un poboado castreño (consérvase o foso que rodea a cúspide do outeiro) e, posteriormente, unha fortaleza medieval reformada en época moderna, foi reconstruído pola Fundación Ortegalia no 2005.
De corpo cilíndrico, cuberta xiratoria e con catro pares de aspas, a súa impresionante engranaxe conserva as dúas pedras de moer, unha para o trigo e outra para o millo.
Nas inmediacións existen bancos para o descanso.
Arriba
Axúdanos a mellorar!