ÁREA DE A CORUÑA

Áreas de Autocaravanas
3237
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Visma (San Pedro)

Lugar: O Portiño

Polígono Porto de San Pedro de Visma s/n

15011  A Coruña - A Coruña

Coordenadas:
43º 22' 17.7" N - 8º 26' 41.3" W

Descrición

Área municipal, está situada ao lado do mar a uns 4 km. do centro urbano.
Dispón de dous bornes de servizo para o cambio de augas.
A oficina de turismo da Coruña está situada a Avda. De la Marina (fronte ao porto da Coruña).
Hai unha cafetaría a 50 m. do area. A 1 km., na zona de Los Rosales, está o Centro Comercial de Los Rosales (Carrefour), con moitos comercios e tendas e unha gasolineira.
Zona moi agradable, xa que está situada moi preto do mar, no paseo marítimo do Portiño.
 

Acceso

Dende a Torre de Hércules seguir o paseo marítimo ata o final (pasando polo Orzán, praia de Riazor, monumento do Millenium), son uns 3 Km. ata chegar ao porto do Portiño que é onde está a área e final do Paseo marítimo da Coruña.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Clasificación

Áreas públicas

Servizos de Autocaravanas

Área gratuita
Auga potable
Posibilidade de pernocta
Vaciado de augas grises
Vaciado de augas negras
Arriba
Axúdanos a mellorar!