ÁREA DE ABEGONDO

Áreas de Autocaravanas
1623
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Folgoso (Santa Dorotea)

Lugar: Beche

Rúa: Lugar Beche, 6

15318  Abegondo - A Coruña

Coordenadas:
43º 10' 59.5" N - 8º 18' 23.9" W

Descrición

Esta área de autocaravanas, forma parte dos servizos que ofrece a área recreativa de Beche, situada no encoro do mesmo nome, un novo espazo reservado ao ocio en Abegondo. A presa, convertida nun parque fluvial navegable (única na bisbarra.) Conta, ademais, con mesas, bancos e grellas todas cubertas; un parque de xogos de aventura e unha zona verde así como, unha zona de terra e de auga pensadas para os que se acheguen á presa para practicar diversas actividades, como a pesca deportiva, kaiak, vela lixeira, bicicleta e sendeirismo. O parque conta con refuxios para pescadores, postos de pesca para minusválidos, aluguer de kaiaks, etc.

Acceso

En Abegondo, tomamos o indicador Encoro de Beche/Campo de fútbol Vizoño, e a 6,8 km. encóntrase a área

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Clasificación

Áreas públicas

Servizos de Autocaravanas

Área gratuita
Auga potable
Posibilidade de pernocta
Vaciado de augas grises
Vaciado de augas negras
Zona de picnic
Zona de xogos para nenos
Arriba
Axúdanos a mellorar!