CUARTEL DE DOLORES

Civil
392
No Camiño de Santiago

Localización

Avenida Mac - Mahón

15403  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 44.0" N - 8º 13' 26.9" W

Descrición

O Cuartel de Dolores, base do Terzo Norte de Infantería de Mariña, foi deseñado por Sánchez Bort. Edificio de planta cadrada organizado arredor dun patio de armas central, con dous grandes alxibes e rodeado dunha arcada que dá entrada e acceso aos pisos baixo, principal e segundo. O corpo central do edificio é de bóveda de canón, seguido dunha azotea no segundo piso. Na fachada principal está a entrada con adornos de orde dórico, columnas pareadas e illadas dunha soa peza, con catro pilastras. Sobre a cornixa vese un balcón de ferro cun escudo en pedra na súa parte superior, e que ostenta as armas reais.

Acceso

No núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba