Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: MURALLA ROMANA DE LUGO&body=Recoméndoche que leas a información MURALLA ROMANA DE LUGO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/3110/muralla-romana-de-lugo?langId=gl_ES
É a única muralla romana do mundo que se conserva practicamente enteira. Levantouse entre finais do século III e principios do IV, seguindo os canons marcados por Vitruvio. Mide máis de dous quilómetros e conserva setenta e unha das oitenta e cinco torres orixinais. A muralla presenta dez portas, cinco delas existentes en época romana, aínda que modificadas. Ten unha altura media de dez metros e nalgúns puntos pode chegar a unha anchura de sete.
A antiga Lucus Augusti atesoura excepcionais monumentos, como a catedral de Santa María, gran igrexa románica que ten o privilexio da exposición permanente do Santísimo Sacramento.
A muralla foi declarada Monumento Histórico Nacional en 1921 para dotala de maior protección e o centro urbano lucense recoñeceuse en 1973 como Conxunto Histórico. Xa no ano 2000 a UNESCO declarou á muralla romana de Lugo Patrimonio da Humanidade.
Centros de interpretación
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.