MUSEO DO FERROCARRIL DE GALICIA

Museos e coleccións
1451
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Prolongación Padre Feijoo s/n

27400  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 32' 16.9" N - 7º 30' 01.2" W

Descrición

Para o visitante que queira facerse coa identidade da cidade ferroviaria de Monforte de Lemos, sen dúbida a súa cita está no museo do tren de Monforte. Trátase dun percorrido pola historia do ferrocarril e do patrimonio industrial de Monforte e Galicia.
Este espazo museístico sitúase no complexo arquitectónico do que foi uns dos grandes depósitos de tracción vapor do norte de España.
O Museo do Ferrocarril de Galicia está avaliado como o terceiro mellor museo do ferrocarril do noso país e un dos primeiros por dispoñer de material, locomotoras e coches, en perfecto estado operativo.
O complexo dispón dunha rotonda ferroviaria de 38 vías radiais que conflúen nunha ponte transbordadora xiratoria. Esta edificación do século pasado está declarada pola Unión Europea como elemento destacado do patrimonio industrial ferroviario a preservar.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Data de recollida inicial: 31/03/2012
Arriba
Axúdanos a mellorar!