BASÍLICA DE SANTA MARÍA A MAIOR

Relixioso
6464
No Camiño de Santiago

Localización

Avenida de Santa María s/n

36002  Pontevedra - Pontevedra

Coordenadas:
42º 26' 01.9" N - 8º 38' 51.0" W

Descrición

Situada sobre un promontorio que domina o paso do Lérez pola ponte, obsérvase un pequeno tramo da antiga muralla que aínda se conservan. Construida polo Gremio de mareantes na primeira metade do s. XVI. Estilo gótico tardío. Planta basilical con tres naves divididas por oito columnas. Bóveda de crucería. A súa portada occidental (1541) emula un retablo pétreo de estilo plateresco, atribuida a Cornelius de Holanda e Xoan Noble. Dividida en tres rúas que demostran a triple división interior e a diferente altura das naves. Curiosa representación dunha imaxe de San Jerónimo con lentes na fachada. No interior mézclanse estilos gótico, isabelino e renacentista co churrigueresco dos seus notables retablos. O retablo do altar maior, realizado por Maximino Magariños en madeira de castiñeiro e nogal. Sobresaen as capelas do Bon Xesus, da Concepción e, particularmente, a do Corpo Santo.

Acceso

Núcleo urbano

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba