A CASA DA MEIXIDA

Hoteis - 1 estrela
1532
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Cruces (Santa María)

Lugar: Os Muíños 25

15980  Padrón - A Coruña

Coordenadas:
42º 46' 26.0" N - 8º 39' 00.5" W

Descrición

A Casa dá  Meixida, construída en típica pedra galega e madeira, está rodeada por unha leira de 8.000  m2, o que contribúe a que os hóspedes gocen dunha extraordinaria tranquilidade rodeados dunha paisaxe verde nun ambiente autenticamente galego.

Inmersa nunha contorna natural privilexiada do sur da provincia da Coruña, A Casa da  Meixida -na Escravitude (Padrón)-, goza dunha situación excepcional no centro de Galicia, moi próxima a Santiago de Compostela e ás Rías Baixas.

A Casa da Meixida está construída en dúas plantas e conserva a coidada decoración de estilo típico galego que crea un ambiente relaxado e confortable. Na planta baixa atopamos o amplo e acolledor salón cunha enorme lareira, o comedor, a cociña, dous pequenos baños e a habitación O Quinteiro adaptada para persoas con mobilidade reducida. Na planta alta, atópanse outras catro habitacións.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Tipos de servizos

Actividades de ocio/animación
Admite tarxetas de crédito
Aluguer de bicicletas
Bar cafetaría
Calefacción central
Garaxe gratuíto
Arriba
Axúdanos a mellorar!