GR 65 CAMIÑO DE SANTIAGO

Sendeirismo
2307
No Camiño de Santiago

Localización

Lugo

Monterroso | Palas de Rei | Paradela | Pedrafita do Cebreiro | Portomarín | Samos | Sarria | Triacastela

A Coruña

Arzúa | Melide | O Pino | Santiago de Compostela

Coordenadas:
42º 43' 33.5" N - 7º 01' 13.0" W
42º 52' 49.9" N - 8º 32' 44.0" W

Descrición


A peregrinación é un acto cunha dimensión esencialmente vivencial e relixiosa. Pero hoxe en día, o Camiño é unha ruta aberta tanto a peregrinos como a camiñantes que veñen descubrir novos e atractivos elementos como son a arte, a cultura e o contacto con pobos e costumes.

O Camiño de Santiago, Primeiro Itinerario Cultural Europeo catalogado en 1987 polo Consello de Europa e Patrimonio Mundial da Humanidade declarado pola UNESCO en 1998, é unha viaxe de iniciación que conduce ao corazón de Galicia a través de escenarios que nos retraen á Europa medieval. A pé, en bicicleta ou a cabalo, estaremos percorrendo un sendeiro trazado pola pegada dos homes ao longo da Historia e un dos camiños máis percorridos pola Humanidade.

As variadas manifestacións monumentais son un completo deleite artístico: pallozas e conxunto monumental do Cebreiro, Mosteiro de Samos, núcleo antigo de Sarria, igrexa de Portomarín, templo románico de Vilar de Donas e cruceiro de Melide, son só algunhas da infinidade de xoias arquitectónicas que alcanzan o seu punto máximo no núcleo histórico de Santiago de Compostela.

Acceso

O Cebreiro é un fermosísimo núcleo rural, importante etapa no Camiño de Santiago, situado na estrada LU-633 no límite entre Galicia e a provincia de León.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata

Un plus

XUBILEO E COMPOSTELA

Para ganar o Xubileu non é necesario facer o Camiño. Basta con visitar a Catedral calquera Ano Santo (cando o 25 de xullo coincida en domingo) e rezar algunha oración, ademais de confesarse e comungar calquera día comprendido entre os 15 anteriores e posteriores á visita.
A Compostela é a Certificación que lles concede a Catedral de Santiago a aquelas persoas que realizan a peregrinación por motivos relixiosos (sexa ou non Ano Santo). Para iso é necesario percorrer a pé, en bicicleta ou a cabalo unha parte do Camiño e acreditalo á chegada (100 km a pé ou a cabalo e 200 km en bicicleta).

Lonxitude

157 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Praza Obradoiro - UTM:29T X:537230 Y: 4747860
Punto de partida: O Cebreiro - UTM:29T X:660360 Y:4730440

Percorrido

O Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa e Santiago de Compostela.

Dificultade

Media

Duración

Cinco xornadas superiores a 30 kms.

Material

Este percorrido faise xeralmente dunha soa vez, por razóns que transcenden ao propio sendeiro.
Aconséllase levar unha mochila completa, aínda que é fácil o aprovisionamento ao longo do camiño.

Servizos

En todos os núcleos de poboación por onde pasa o sendeiro.
Albergues da Xunta de Galicia en:
O Cebreiro, Hospital da Condesa, Triacastela, Calvor, Sarria, Barbadelo, Ferreiros, Portomarín, Gonzar, Ventas de Narón, Ligonde, Palas de Rei, Mato Casanova, Melide, Ribadiso, Arzúa, Sta. Irene, Arca, Monte do Gozo e San Lázaro.

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

I.G.N. 1:25.000 Nº 94-IV Santiago de Compostela, 95-III San Marcos, 95-II O Pino, 95-IV Touro, 96-II

Máis información

Tel.: 881 866 393

https://www.caminodesantiago.gal

Tipo de percorrido

Gran percorrido

Interese

Arquitectura tradicional
Etnografía
Interese histórico
Interese xeral

Conexións con outros sendeiros

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!