Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: COVA DO REI CINTOLO&body=Recoméndoche que leas a información COVA DO REI CINTOLO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/33792/cova-do-rei-cintolo?ctre=8%26langId=gl_ES%26tp=1
Entramos nunha cavidade natural singular pero de estrutura labiríntica e daquela, plural de posibilidades. Seis quilómetros e medio de lonxitude explorada repartidos en diversas galerías de orixe cárstica nun terreo con presenza de lousa o que lle confire personalidade xeolóxica ademais das características formacións como columnas de estalactitas e estalagmitas, coladas e bandeiras. O desnivel máximo ronda os 75 metros, con augas interiores que alimentan varios lagos e unha corrente subterránea ou río Celtas na cota inferior.
Este é o santuario entre a ciencia e a lenda da espeleoloxía galega. A forza mítica do seu nome converteuse por último en demanda turística. Está prevista a construción dun centro de interpretación da cova próximo á única entrada da gruta e a apertura ao público do treito central con boas condicións horizontais para a visita duns 300 metros, ida e volta.
A rota de senderismo da auga enlaza o orixinal barrio mindoniense dos Muíños co Salto do Coro e finalmente coa Cova do Rei Centolo na parroquia de Argomoso.
FAUNA: Refuxio de morcegos pertencentes a varios xéneros ( Rhynolophus, Myotis...) e interesantes colonias de invertebrados: descuberto no interior algún crustáceo único no noroeste peninsular.
SERVICIOS: En Mondoñedo.
Para mais información, reservas e venta de entradas, contactar coa Oficina de Turismo de Mondoñedo.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.