Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 4 CAMIÑO REAL DE SAN PEDRO DE ROCAS&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 4 CAMIÑO REAL DE SAN PEDRO DE ROCAS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/33798/pr-g-4-camino-real-de-san-pedro-de-rocas?langId=gl_ES
MOSTEIRO DE SAN PEDRO DE ROCAS
O edificio prerrománico do mosteiro é sorprendente, tanto pola beleza do seu emprazamento e integración na Natureza como pola súa orixinalidade construtiva. O home do S. XIII soubo beneficiarse das formas naturais esculpidas pola erosión sen destruílas; rocha e arquitectura dan forma a tres capelas co chan furado por numerosos enterramentos antropomórficos. A espadana do campanario érguese directamente sobre un gran rochedo. Este mosteiro, fundado no S. VI por ascetas, recórdanos que estamos dentro da Ribeira Sacra.
Os petos de ánimas como o de Meiroá son pequenas arquitecturas en pedra, moi frecuentes en Galicia, que testemuñan profundas raíces no culto aos mortos e devoción polas ánimas. Localizados en camiños ou encrucilladas, poden ofrecer unha fisionomía variada. Os petos agochan imaxinería relixiosa (sobre todo escenas do purgatorio) cunha hucha onde realizar ofrendas e entregar esmola polas almas dos defuntos achegados.
Oficina de Información Turística de Esgos
Tel.: 988 372 020
info@concelloesgos.com
www.concelloesgos.com
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.