PR-G 14 RUTA DO LOIO

Sendeirismo
3033
No Camiño de Santiago

Localización

Paradela - Lugo

Coordenadas:
42º 45' 55.0" N - 7º 33' 52.1" W
42º 47' 24.5" N - 7º 36' 53.2" W

Descrición

Esta rota, que discorre preto do Camiño de Santiago, cruza zonas cunha importante mostra de bosque autóctono xunto a ribeira do río Loio. Podemos atopar pontes e muíños tradicionais dentro da rota, como o muíño e ponte da Retorta, ou seguindo unhas pequenas derivacións, como o agochado muíño de Pías.

A senda esténdese por bosques e montes que antano foron cultivados, polo que constantemente veremos restos de camiños de carros e de muros dos lindes das fincas. Soutos e carballeiras mistúranse cos bidueiros e ameneiros para protexer o río no profundo val.

En Loio unha derivación achégase ata as ruínas do mosteiro de Santa María de Loio, case esquecido na fondura do bosque. Dende Loio, a rota segue unha pista asfaltada ata a ponte da Ribeira do Loio, xunto o encoro de Belesar, onde finaliza o percorrido.

Acceso

Pola M-633 de Portomarín a Sarria. Acceso xunto a ponte sobre o río Loio, e na capital do Concello de Paradela, Pacios, nun parque infantil xunto ao Centro de Saúde.

Camiños de Santiago

Camiño Francés

Lonxitude

(7,2 Km. a rota principal e 1,8 km.las derivacións de ida e volta)

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Ponte na Ribeira de Loio – San Xoán de Loio. - UTM: 29T X:613425 Y: 4738660
Punto de partida: Parque infantil xunto o Centro de Saúde en Pacios. - UTM: 29T X:617570 Y: 4735970

Percorrido

Paradela, A Retorta, Porto Caneiro, Loio, ponte na confluencia do río Loio co encoro de Belesar.

Dificultade

Media

Duración

2 horas e media a rota principal. 1 hora máis visitando todas as derivacións

Servizos

En Paradela e xunto á ponte de San Xoán de Loio.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Non apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

Nº 123-II Portomarín.

Máis información

Casa do Concello de Paradela

Tel: 982 541 101
concello.paradela@eidolocal.es
www.paradela.es

Federación Galega de Montañismo

Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com


Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese naturalista

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba