mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: HOTEL BALNEARIO DE COMPOSTELA&body=Recoméndoche que leas a información HOTEL BALNEARIO DE COMPOSTELA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/36402/hotel-balneario-de-compostela?ctre=129%26langId=gl_ES%26tp=22
Parroquia: Os Ánxeles (Santa María)
Lugar: O Tremo
Rúa Vicente Ramos (AC-543 Santiago - Noia, km. 8) s/n
15280 Brión - A Coruña
O Hotel Balneario de Compostela, complexo inaugurado no 2004, está situado nunha zona que destaca pola súa tranquilidade e as súas excelentes comunicacións co resto de Galicia. Situado no corazón do fermoso val da Maía, un entorno residencial na bisbarra de Santiago de Compostela.
O edificio do hotel está deseñado e construído con materiais illantes que garanten tranquilidade e silencio (xa proporcionados polo propio entorno) tan apreciados polos nosos clientes.
Temos un Balneario con modernas instalacións para gozar de todos os beneficios da hidroterapia. As propiedades terapéuticas das súas augas mineromedicinais foron recoñecidas dende a época romana. Temos unha ampla gama de programas de fisioterapia, tratamentos de beleza e estética facial e corporal. O noso equipo de profesionais pode orientalo no noso menú de tratamentos e terapias.
O complexo ten un ximnasio moi completo, con instalacións deportivas de 300 m2, actividades e monitores especializados.
Se queres desconectar e gozar dunha escapada de relax e benestar, o hotel ofréceche todos os servizos que necesitas para unha experiencia completa.
A súa situación privilexiada permite visitar o centro histórico da capital de Galicia e descubrir diferentes lugares a través da antiga estrada NOIA - MUROS - FINISTERRE que leva a estas rías onde atoparás praias únicas rodeadas da incomparable paisaxe galega.
Grao de Accesibilidade: Adaptado
Balneario
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.