FOLIÓN TRADICIONAL DO ENTROIDO DE MANZANEDA

Festas de interese turístico
2916
Datas de celebración: 13/01 - 13/02

Localización

Manzaneda - Ourense

Coordenadas:
42º 18' 37.0" N - 7º 14' 00.9" W

Descrición

O son atronador do folión, con bombos, tambores, cencerros e utensilios de labranza metálicos enche a localidade de Manzaneda durante este peculiar pasacalle de entroido, que nesta localidade é acompañado polo seu personaxe tradicional, a “ mázcara”. Os foliones de Manzaneda son espectaculares polo seu ritmo compasado e ininterrompido e a elegancia e colorido das “ mázcaras”, cos seus característicos gorros engarzados con cintas de cores e os seus saltos e danzas de orixe arcaica. O gran folión ten lugar o Martes de Entroido, que é festa local, cando se xuntan na vila os foliones de todas as parroquias formando un impresionante estrondo. Acaba sempre cunha comida popular a base de porco: chourizos, rabo..., a comida típica destas datas en Galicia.

Para non perderse:
Comida popular o Martes de Entroido.

Outras características

Entroido
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba
Axúdanos a mellorar!