FUNDACIÓN CAMILO JOSÉ CELA, MARQUÉS DE IRIA FLAVIA

Museos e coleccións
470
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Iria Flavia (Santa María)

Lugar: Iria Flavia

Rúa: Santa María 22

15917  Padrón - A Coruña

Coordenadas:
42º 44' 45.1" N - 8º 39' 21.2" W

Descrición


A fundación ocupa as dependencias da Casa museo e as aulas de Juan Rodríguez, Macías O Namorado e Nicasio Pajares: obxectos relacionados coa vida e a obra do escritor, coleccións de pinturas, debuxos, hemeroteca, colección de epístolas, etc. A fundación tamén inclúe o Museo Ferrocarrileiro “John Trulock”, avó do Premio Nobel Camilo José Cela, xerente da Cía. West Galicia que instalou a primeira liña férrea nesta comunidade entre Santiago de Compostela e Carril (Pontevedra). Uniformes, obxectos persoais e relacionados co ferrocarril, así como a recreación dunha estación de época son algúns dos seus atractivos. No exterior pódese visitar un vagón de mercadorías e unha locomotora de vapor chamada “Sestao”.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués

Particularidades

Visitas guiadas. Quendas cada hora. Última saída ás 13:00 h. LUNS ENTRADA GRATUÍTA

PREZOS:

Individual
Xeneral: 4 € / páx. Reducida: 2 €/p Xubilados / Maiores de 65 anos / Carné Mozo / Carné universitario / Carné familia numerosa Gratuíta Desempregados Menores 11 anos Vecinos de Padrón (censados)

Grupos (máis de 10 persoas)
Xeneral: 3 € / páx. Reducida: 2 €/p Colectivos ou asociacións culturais Gratuíta Grupos de Escolares de educación primaria e infantil Grupos de Estudantes de ensino secundario/ Formación profesional / Universidade

Luns GRATUÍTO Para visitar soamente a exposición temporal, aplicarase unha tarifa específica de 2 euros xeral / 1 euro reducida

Visitas guiadas. Quendas cada hora. Última saída unha hora antes do peche.

Tipos de servizos

Tenda
Arriba