FARO ILLA SÁLVORA

Civil
805
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Aguiño (Nosa Señora do Carme)

Lugar: Sálvora

15965  Ribeira - A Coruña

Coordenadas:
42º 27' 57.8" N - 9º 00' 46.1" W

Descrición

Situado na parte máis saínte, ao sur da illa, no lugar coñecido como punta Besugueiros, preveuse nos plans de 1847 como unha pequena luz local que se convertería, só seis anos despois, nun faro. O edificio contén unha torre octogonal con forma de U, similar ao faro de Cabo Silleiro e sufriu importantes reformas ata acadar o seu aspecto actual (en especial en 1921, pouco despois da traxedia do vapor Santa Isabel e en 1954 cando foi ampliado). Os últimos habitantes de Sálvora, os fareiros abandonaron definitivamente a illa en 1997, funcionando dende aquela con control automático remoto.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba