MUSEO VALLE-INCLÁN

Museos e coleccións
2269
No Camiño de Santiago

Localización

Praza do Cantón da Leña. Torre de Bermúdez s/n

15940  A Pobra do Caramiñal - A Coruña

Coordenadas:
42º 36' 12.3" N - 8º 56' 15.5" W

Descrición

O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal é a institución valleinclaniana decana do país. Ten por sede a Torre de Bermúdez, arquitectura civil de deseño clásico, construída no  século XVI polo círculo de colaboradores do gran mestre do renacemento ibérico Rodrigo Gil de Hontañón. Declarada Monumento Histórico-Artístico de carácter nacional en 1976 e Ben de Interese Cultural de Galicia. 

Nas súas seis salas reúne mobles e obxectos persoais do universal escritor galego, obras das belas artes, manuscritos, primeiras edicións e exquisiteces bibliográficas, vestiario de teatro, pinturas, gravados, esculturas, caricaturas de iconografía valleinclaniana, etcétera. Dispón de un amplo auditorio e promove cada outubro as Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán (25 edicións en 2023).

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Máis información

https://museos.xunta.gal/gl/casa-valle-inclan

Tipos de servizos

Acceso a minusválidos
Aparcamento
Data de recollida inicial: 19/05/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!