IGREXA PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE RIOBÓ

Relixioso
1034
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Riobó (San Martiño)

Lugar: San Martiño

36685  A Estrada - Pontevedra

Coordenadas:
42º 44' 06.0" N - 8º 24' 12.9" W

Descrición

A igrexa de Riobó conserva practicamente íntegra a súa obra románica. A nave, con cuberta de madeira, sufriu unhas reformas no muro sur que deixaron a súa porta tapiada. Os arcos da portada occidental son lisos e ao igual que o tímpano carecen de ornamentación.

A cabeceira divídese en dous tramos, un recto con bóveda de canón e outro curvo con bóveda de cuarto de esfera. Os canzorros situados baixo o beirado do tellado son de temática vexetal, xeométrica e zoomórfica.

Preto da igrexa de Riobó estivo a torre da Barreira, fortaleza medieval desde a que o arcebispo de Santiago exercía o control sobre a comarca de Tabeirós.

Acceso

Pola N-525 de Santiago a Ourense, a uns 17 km (dirección Ourense), pasando A Ponte Ulla, en Balboa tomamos un desvío cara a Oca-A Estrada. A uns 2,5 km pasando Oca, viramos á esquerda cara a Ancorados-Foxo pola Ep-7010; a 500 m viramos á dereita. A igrexa atópase a 200 m.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!