HOTEL OCA VILA DE ALLARIZ

Hoteis - 4 estrelas
2752
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Paseo do Arnado 1

32660  Allariz - Ourense

Coordenadas:
42º 11' 37.0" N - 7º 48' 17.7" W

Descrición

O Hotel Oca Vila de Allariz é un precioso hotel de catro estrelas situado na Vila de Allariz, provincia de Ourense. Un dos pobos máis belos de toda Galicia a tan só 10 minutos en coche do centro urbano de Ourense. A contorna natural de Allariz é dun valor ecolóxico incalculable, sendo declarado Reserva da Biosfera no ano 2005. Un marco excepcional no que aloxarche con todas as comodidades ou celebrar a túa voda ou evento con todas as garantías que che ofrece un Oca Hotels. O Hotel Oca Vila de Allariz dispón de 39 habitacións de estilo contemporáneo exquisitamente decoradas e distribuídas en catro modalidades de aloxamento: estándar, dobre con terraza, superior e suite. Todas elas dispoñen de sofá, cadeira, escritorio, caixa de seguridade, minibar, Tv, teléfono e internet Wifi. Os baños contan con bañeira e ducha por separado, espello de maquillaxe con iluminación e secador de pelo. Un hotel 100% libre de fume ideal para a túa estancia en familia ou para a celebración de vodas ou eventos familiares ou corporativos. O Hotel Oca Vila de Allariz conta cun espazoso salón para eventos con capacidade para 480 persoas totalmente equipado con todos os medios audiovisuais, ideal para as túas celebracións. Dispoñemos tamén de amplos xardíns, terraza, restaurante, ximnasio, cafetería e un formidable spa para relaxarche en plena natureza. Dáche un capricho e reserva algún dos nosos tratamentos, masaxes, envolturas ou técnicas termais. Ou regálallo aos teus seres máis queridos mediante a nosa sección de bonos regalo.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Tipos de servizos

Admite tarxetas de crédito
Aire acondicionado
Aire acondicionado nos cuartos
Aluguer equipos audiovisuais
Aparcadoiro de superficie
Ascensor
Bar cafetaría
Caixa Forte individual
Calefacción central
Calefacción individual
Cuartos con salón-suítes
Cuartos familiares
Fálase inglés
Internet / wifi en zonas comúns
Internet nos cuartos / wifi
Lavandaría
Minibar
Restaurante
Sala de reunións
Salón de convencións
Salón de estar
Sauna
Secador de cabelo nos cuartos
Servizo de cuartos 24 h.
Servizo de fax
Spa
Teléfono nos cuartos
Televisión nos cuartos
Xardín terraza
Ximnasio

Réximes

Almorzo buffet
Cea
Media pensión

Tarxetas

4B
American Express
Dinners Club
Master Card
Red 6000
ServiRed
Visa
Arriba
Axúdanos a mellorar!