IGREXA DE SANTA MARÍA DE VILAOSCURA

Relixioso
858

Localización

Parroquia: Vilaescura (Santa María)

Lugar: Vilaescura

27466  Sober - Lugo

Coordenadas:
42º 28' 09.9" N - 7º 36' 45.0" W

Descrición

Igrexa que pertenceu á orde do Tempero. Na actualidade é un edificio do século XVIII cunha nave rectangular con cuberta a dúas augas e sancristía pegada ao alzado norte do presbiterio. No lado esquerdo da nave hai un pórtico cuberto no frontal e, a o longo do muro norte, con soportes de columnas con capiteis decorados sobre columnas. A fachada remata con espadana máis recente con dous vans e rematado con pináculos, leva balaustrada non decorativa. 
Os muros son de cantaría e o pavimento de pezas graníticas. No seu interior destaca un retablo maior rococó, seguramente dun taller monfortino.
Na súa sancristía gárdase un talle gótico de Santa María co Neno sobre o seu regazo. Está en posición sedente, de tradición románica, as cabezas foron substituídas en época posterior.
Arriba
Axúdanos a mellorar!