IGREXA DE SAN ESTEVO DE REFOXO

Relixioso
895

Localización

Parroquia: Refoxo (Santo Estevo)

Lugar: Viloudriz

27425  Sober - Lugo

Coordenadas:
42º 27' 54.0" N - 7º 34' 09.9" W

Descrición

Igrexa de orixe medieval. Presenta unha soa nave rectangular e cuberta a dúas augas, con sancristía pegada, muros de perpiaño e cuberta de madeira. A fachada remata con espadana con dous vans.
Muros de cantaría. Porta principal agora alintelada e sen ornamentación. Sobre esta existe unha ventá rectangular. Un pórtico cuberto sobre piares unidos ó alzado meridional do edificio e apoiados sobre columnas de granito con base e capitel dórico.
No seu interior retablo de estípites no muro dereito da nave e outro no lado contrario. Destaca a pila bautismal, do século XVI, na copa da cal están labrados os relevos dun trevo, unha cuncha e o emblema dos López Lemos.
Arriba