IGREXA DE SANTIAGO DE GUNDIVÓS

Relixioso
1155

Localización

Parroquia: Gundivós (Santiago)

Lugar: A Airexa

27469  Sober - Lugo

Coordenadas:
42º 26' 49.0" N - 7º 32' 24.9" W

Descrición

Igrexa do século XVI, con sucesivas reformas posteriores. O edificio consta dunha soa nave rectangular, cuberta de madeira a dúas augas e capela maior cuadrangular con cuberta a catro augas e con contrafortes na conxunción do arco triunfal e nas esquinas da cabeceira. A bóveda da cabeceira é de cruzaría. Na parte sur do presbiterio áchase a sancristía pegada ó alzado sur do prebisterio, e, neste mesmo muro atopa un pórtico sustentado por piares. A fachada, sinxela, está rematada por unha espadana de dous vans, os muros de cantería en líneas horizontais.
No seu interior destacan retablos neoclásicos así como unha pía bautismal do século XVI.
Arriba