Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CAPELA DA REINA DOS ANXELES&body=Recoméndoche que leas a información CAPELA DA REINA DOS ANXELES extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/4396/capela-da-reina-dos-anxeles?langId=gl_ES
Parroquia: Lobios (San Xillao)
Lugar: A Airexa
27423 Sober - Lugo
As súas orixes poderían remontarse ao século X. Non obstante na actualidade é unha capela totalmente restaurada, de planta rectangular, de proporcións sinxelas e construída en pedra irregular sen labrar. Neste lugar conta a tradición que en tempos dos "mouros" unha moza de Lobios lle roubou unha cadea de ouro a unha "moura"; esta transformouse nunha serpe e perseguiuna. Ao pasar por diante desta capela a moza exclamou: "A Raíña dos Anxos vállame"; entón a serpe transformouse outra vez en muller e díxolle: "A bo santo pediches intercesión e encomenda ".
Santuario de planta de salón e cuberta a dúas augas, atopándose co pórtico cuberto no frontal, sustentado por piares de cachotería. Portas alinteladas nos laterais. Muros de cachotería miúda e cal con marcaxes e esquinais de granito. Espadana dun só van.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.