Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: SANTUARIO DA NOSA SEÑORA DE CADEIRAS&body=Recoméndoche que leas a información SANTUARIO DA NOSA SEÑORA DE CADEIRAS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/4397/santuario-da-nosa-senora-de-cadeiras?langId=gl_ES
Parroquia: Pinol (San Vicente)
Lugar: Sampil
27422 Sober - Lugo
A 603 m. Sobre o nivel do mar está o santuario de Nosa Sra das Cadeiras. O edificio é un sinxelo exemplar do barroco galego do século XVIII, que aínda ten sen rematar unha das torres da fachada principal. O edificio é dunha soa nave de pedra granítica e cadeirado ben labrado.
Edificio de cruz latina con nave rectangular e capela maior. Muros de cantaría. Fachada con porta rectangular con moldura, enriba vieira flanqueada por molduras e sobre esta, fiestra grande e rectangular. Das dúas torres que debía ter, só se chegou a construír unha. Máis que polo seu interese arquitectónico destaca por ser un lugar de peregrinación debido aos milagres que a tradición atribúe á Virxe.
O santuario atópase dentro dun recinto que en todo o seu perímetro está rodeado por pórticos cubertos.
A lenda sitúa aquí unha das tres virxes irmás que despois de ser elevadas a Santas lles construíron os seus santuarios nuns lugares onde se puidesen ver unhas a outras. Estes santuarios son para algúns autores o de Trigoás e Maceda, na provincia de Ourense, e para outros autores a parte do de Trigoás e Cadeiras, sería o de Monte Faro en Chantada.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.