IGREXA DE SANTA MARÍA DE AMANDI

Relixioso
1132

Localización

Parroquia: Amandi (Santa María)

Lugar: Amandi

27423  Sober - Lugo

Coordenadas:
42º 23' 58.0" N - 7º 30' 57.9" W

Descrición

Igrexa de orixe medieval, totalmente reconstruída no século XVIII. Presenta planta rectangular dunha soa nave coa sancristía pegada no muro norte do presbiterio. Nave con Cuberta de madeira a dúas augas en tella curva, a capela maior con teitume de madeira a catro vertentes. Arco triunfal de medio punto e imposta. Muro de pedra e cachotaría de granito. 
No seu interior destaca o retablo maior, neoclásico con esculturas dos séculos XVII e XIX.
Cemiterio no adro. Nun entorno de casas tradicionais do núcleo de Amandi e próxima á Ribeira do Sil.
Arriba