IGREXA DE SANTO ESTEVO DE PONTE CASTRELO

Relixioso
1008

Localización

Parroquia: Ponte Castrelo (Santo Estevo)

Lugar: Santo Estevo

32430  Castrelo de Miño - Ourense

Coordenadas:
42º 17' 56.0" N - 8º 05' 06.0" W

Descrición

Igrexa de planta rectangular e grandes dimensións, con contrafortes nos laterais e muros de cantería. Á antiga fachada apegóuselle unha esvelta torre e superpúxoselle unha portada de corte neoclásico con porta con lintel, enmarcada por pilastras con acanaladuras e capiteis de escaso resalte con caulículos e volutas, entre eles friso liso. 

A torre é de catro corpos: o inferior, liso con pilastra en esquina e arquitrabe; o segundo, flanqueado por pilastras lisas con placas no terceiro e cuarto superior, rematadas en arquitrabes; o terceiro, con balconada arredor e catro arcos con banda na metade; e o cuarto, con balconada menor e catro arcos máis baixos có superior. Remata con cúpula de pedra con resaltes na superficie e cruz de ferro.

Á igrexa engádeselle unha casa reitoral con planta en “L” e galería no alzado oeste. O conxunto, formado pola casa reitoral e o cemiterio, localízase nun lugar alto e dominante con vistas á ribeira do río Miño.

Acceso

Bos accesos desde a estrada que une Castrelo de Miño con Ourense bordeando o río Miño.
Arriba