IGREXA DA NOSA SEÑORA DO PORTAL

Relixioso
1993

Localización

Parroquia: Ribadavia (San Domingos)

Lugar: Ribadavia

Rúa Virxe do Portal, s/n - Conxunto Monumental de San Domingos

32400  Ribadavia - Ourense

Coordenadas:
42º 17' 08.9" N - 8º 08' 40.9" W

Descrición

Esta obra, dedicada á patroa de Ribadavia, destaca pola súa fermosa bóveda con frescos da crucifixión. Ademais o seu interior contén unha bóveda de canón cun artístico artesoado do ano 1520 e cun retablo barroco de gran valor, tallado en madeira de ciprés en 1737, no que se representa a Virxe e o episodio do Descendemento cos misterios do Rosario.
A súa edificación comezou no século XVI sobre os restos da antiga igrexa de Santa María de Valparaíso do século XII, pero non rematou definitivamente ata o ano 1875, data na que se construíu a fachada de estilo Neoclásico.

Acceso

Núcleo capital municipal.
Centro Histórico.
Arriba
Axúdanos a mellorar!