IGREXA PARROQUIAL DE SAN SALVADOR DE TEBRA

Relixioso
1146

Localización

Parroquia: San Salvador de Tebra (San Salvador)

Lugar: O Casal

36748  Tomiño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 01' 58.9" N - 8º 43' 41.9" W

Descrición

Igrexa parroquial de estilo románico, aínda que tan só conserva como vestixios do devandito estilo os muros da nave e a súa ábsida rectangular, a cal se une á nave directamente. A nave é posterior na súa construción á ábsida. Destacar en todo o conxunto a variada mostra de canecillos existentes ao longo dos diferentes aleiros: uns decorados con cabezas de animais, animais monstruosos, en nacela ou decorados con bólas. A portada norte presenta tímpano liso sostido por mochetas decoradas con cabezas de bóvidos. A cara norte da ábsida tapa cunha sancristía moderna.
Arriba