CAPELA DE SAN TELMO

Relixioso
3380
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Tui (O Sagrario)

Lugar: Tui

Rúa San Telmo, s/n

36700  Tui - Pontevedra

Coordenadas:
42º 02' 45.0" N - 8º 38' 36.9" W

Descrición

Constitúe esta Capela un exemplar único do barroco portugués en Galicia, barroco miñoto, influencia da arte de André Soares na rexión do Miño. Foi levantada sobre a casa onde morreu este san dominico no século XIII, iniciándose a súa construción cara a 1769 aínda que a súa data de finalización se demorou ata 1803. A capela ten planta en cruz grega ou central., destaca a súa cúpula gallonada ou os interesantes frescos de principios do século XIX.

Acceso

Núcleo capital municipal.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Arriba