Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CATEDRAL DE SANTA MARÍA DE TUI&body=Recoméndoche que leas a información CATEDRAL DE SANTA MARÍA DE TUI extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/4601/catedral-de-santa-maria-de-tui?ctre=30%26langId=gl_ES%26tp=8
O comezo da construción data de fins do século XI (privilexios da infanta Urraca en 1071 e dos condes de Galicia, Raimundo e Urraca, en 1095). A planta románica e os capiteis van influír en toda a rexión do bispado de Tui medieval, entre o río Lima e a ría de Vigo. O claustro gótico, da segunda metade do século XIII, é o maior claustro medieval conservado en Galicia. Dentro do claustro consérvase a única sala capitular románica existente en Galicia e unha das maiores no seu xénero en España. Parte da súa ourivería sería realizada por prateiros xudeus e conversos nos séculos XV e XVI (cáliz gótico, copón de coco, cetros das dignidades, acetre, etc.).
A colección de mobiliario litúrxico barroco é do máis interesante a nivel español: cadeirado do coro (1699), portas historiadas (1707), caixóns da sancristía (1712), cadeirado da sala capitular (1712), órganos de San Telmo e Santiago (1714) e monumento eucarístico de xoves santo (1775).
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.