CAPELA DE SAN PEDRO

Relixioso
1497

Localización

Parroquia: Mondariz-Balneario (Nosa Señora de Lurdes)

Lugar: San Pedro

36890  Mondariz-Balneario - Pontevedra

Coordenadas:
42º 13' 24.9" N - 8º 27' 46.0" W

Descrición

Situada no barrio de san Pedro baixo a advocación do mesmo santo disponse unha capela erixida probablemente no século XIII, pertencente ao estilo románico aínda que sufriu diversas reformas ao longo da súa dilatada historia, a máis recente en 1994-95 baixo subscrición veciñal. De planta rectangular e muros de cadeirado, aínda conserva elementos de época medieval, como unha cruz patada no piñón do testeiro de ábsida posiblemente románica. Segundo a tradición nesta capela contraeron matrimonio o rei lusitano Don Dienis e Isabel de Aragón (hoxe Santa Isabel de Portugal) en 1282.
Arriba