IGREXA PARROQUIAL DE SAN MIGUEL DE PONTEAREAS

Relixioso
1855

Localización

Parroquia: Ponteareas (San Miguel)

Lugar: Ponteareas

Praza de Bugallal

36860  Ponteareas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 10' 26.0" N - 8º 30' 18.0" W

Descrición

Igrexa construída a finais do século XIX segundo traza e deseño do arquitecto vigués Don Faustino Flórez Llamas, cando Ponteareas comezaba a experimentar un notable crecemento urbano. Realizada en estilo neogótico, ao gusto da época, conserva na súa portada principal un tímpano de cronoloxía máis antiga. A súa planta é de cruz latina con cruceiro e cuberta abovedada, de crucería. Os arcos son unha clara mostra de estilo oixival. A fachada principal áchase distribuída en dous corpos, con torre-campanario de estrutura octogonal no eixe central. No interior destaca o retablo que preside o altar maior de estilo neogótico.

Acceso

Núcleo capital municipal.
Accesibilidade: En coche e peonil.
Arriba
Axúdanos a mellorar!