IGREXA DE SAN FÉLIX DE ESTACAS

Relixioso
1129

Localización

Parroquia: Estacas (San Fiz)

Lugar: Vilameán

Cuntis - Pontevedra

Coordenadas:
42º 38' 34.9" N - 8º 36' 14.0" W

Descrición

Igrexa barroca de planta rectangular e dunha soa nave. O interior ten unha cuberta con bóveda de canón e unha cornixa corrida con típicas molduras barrocas. No exterior destaca o campanario e a imaxe de San Félix na fachada principal. En torno á igrexa hai un belo "viacrucis" formado por 14 cruceiros que nos levan ata o cume do outeiro que existe xunto a este recurso.

Acceso

Partindo de zona urbana de Cuntis con dirección a Valla (PO 220), percorreremos esta vía durante 3, 5 Km. Posteriormente desviarémonos por unha pista cara á dereita (xusto no inicio dunha curva cara á esquerda) que deberemos percorrer durante 150 metros para chegar ao recurso.
Arriba
Axúdanos a mellorar!