IGREXA DE SANTA MARIÑA DE FRAGAS

Relixioso
1266

Localización

Parroquia: Fragas (Santa Mariña)

Lugar: Reboredo

36118  Campo Lameiro - Pontevedra

Coordenadas:
42º 31' 28.0" N - 8º 33' 28.0" W

Descrición

Esta igrexa conserva unha fachada románica do século XII, enmarcada por dúas columnas encostadas. No seu tímpano de medio punto represéntase no seu centro a tres personaxes, un bispo en actitude de bendicir a dous cura, o da esquerda porta un libro e o da dereita porta unha cruz. É interesante a decoración dos capiteis con temas historiados e talla de follas. O corpo central é claramente románico aínda que cun estilo característico: son destacables as falsas columnas laterais e a falla de campanario, construído posteriormente.
A fachada, modificada na súa parte superior, está compartimentada verticalmente en tres calles, a central moito máis ancha que as laterais, por dous columnas entregas. Estas columnas non son simétricas, pois a meridional está desprazada dez centímetros en relación á septentrional, tal vez debido a unha torre moderna que a partir de ela se levanta.

Acceso

Chégase por un desvío á esquerda na estrada PO-223 de Pontevedra a Campo Lameiro.

Estilos

Románico
Arriba