IGREXA DE SAN LOURENZO DE ALMOFREI

Relixioso
1082

Localización

Parroquia: Almofrei (San Lourenzo)

Lugar: A Arrotea

36859  Cerdedo-Cotobade - Pontevedra

Coordenadas:
42º 26' 05.6" N - 8º 32' 57.5" W

Descrición

Construción barroca con planta de cruz latina. Destaca a fachada onde pode contemplarse a imaxe de San Lorenzo, cunha grella na man (alusión ao seu martirio). A imaxe atópase encerrada nunha fornela sobre a portada. Coroando a fachada existe unha espadaña con dúas campás. O adro conta con bancos corridos e tres curiosos cruceiros.

Acceso

Partindo de Pontevedra pola N -541 tomamos dirección Ourense ata o cruce á dereita que indica Carballedo (antes de Tenorio), tomamos dirección Vilanova e pasados 2 Km collemos á esquerda durante 800 metros despois tomamos á dereita cara a Almofrei onde atopamos a igrexa (1,2 Km).
Arriba
Axúdanos a mellorar!