IGREXA DE SANTA MARÍA DE AUGASANTAS

Relixioso
1362

Localización

Parroquia: Aguasantas (Santa María)

Lugar: O Igrexario

36854  Cerdedo-Cotobade - Pontevedra

Coordenadas:
42º 25' 17.3" N - 8º 27' 21.0" W

Descrición

Planta de cruz latina. Destaca campanario de catro corpos moi ornamentados con grandes cornixas e gárgolas, pilastras pegadas e faixadas coa decoración de placas. No lateral gran escudo.
Portada con arco de medio punto rebaixado, remarcado con molduras. Sobre este arco, figura unha cartela decorada con data de 1733. O ciborio destaca en altura e ten pilastras nos ángulos que rematan en gárgola con rostro humano. Sobre esta, un pináculo e no medio do ciborio, cúpula sostida por catro volutas.
No muro de soporte que pecha o adro atópanse varias cruces e cruceiros que compoñen un “Viacrucis”. 

Acceso

Dende Pontecaldelas dirección Cotobade pola PO-234 a 7 Km esta a igrexa.
Arriba