CAPELA DE LAXOSO

Relixioso
171

Localización

Parroquia: Quireza (San Tomé)

Lugar: Laxoso

36116  Cerdedo-Cotobade - Pontevedra

Coordenadas:
42º 34' 51.9" N - 8º 25' 13.9" W

Descrición

Construción de planta rectangular, cos muros de cadeirado e cachotaría de granito; a cuberta é a dúas augas con tellado de tella. No interior, a capela maior está separada do resto da nave por un arco de medio punto, situándose na clave dous rostros en relevo.

Acceso

Pola 541 de Pontevedra a Ourense (dirección Ourense) pasando Pedre desvío á esquerda cara a Serrapio ao chegar ao pobo desvío á dereita e todo recto ata pasar Quireza onde hai que xirar á esquerda cara a Laxoso.
Arriba