MUSEO CATEDRALICIO DE TUI

Museos e coleccións
308
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Tui (O Sagrario)

Lugar: Tui

Rúa: Praza de San Fernando s/n

36700  Tui - Pontevedra

Coordenadas:
42º 02' 45.8" N - 8º 38' 40.8" W
+34 986 600 511

Descrición

O interior da Catedral de Tui, de estilo románico-gótico, acolle un interesante museo formado polas pezas que compoñen o Tesouro Catedralicio. Cetros procesionais, cálices, ornamentos sagrados e numerosas imaxes entre as que destaca a da Virxe co Neno. No claustro, obra mestra de estilo gótico, expóñense obxectos procedentes de escavacións arqueolóxicas: pezas do antigo coro gótico, sartegos medievais, lápidas visigóticas, as antigas reixas da catedral e os antigos escudos da porta de acceso a Tui. Pódese visitar a Torre da Homenaxe, desde onde se obtén unha espectacular panorámica do Miño, da cidade e de Portugal.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Arriba