IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE XAVIÑA

Relixioso
1338

Localización

Parroquia: Xaviña (Santa María)

Lugar: Xaviña

Rúa: Pedrouzo 22

15122  Camariñas - A Coruña

Coordenadas:
43º 08' 42.0" N - 9º 09' 10.0" W

Descrición

Igrexa románica do século XII que presenta nave e ábsida únicas con cuberta de bóveda de canón, que no caso da nave foi substituída por unha cuberta a dúas augas. 

As pegadas do estilo románico galego podemos atopalas tanto no lado norte coma no sur, no característico lintel pentagonal, no interior nos capiteis vexetais, por exemplo nas fiestras e nos canzorros da ábsida. Destacar o arco triunfal de medio punto lixeiramente peraltado, dobrado e sostido por dous pares de columnas, seguindo a disposición habitual da contorna, que nos leva neste caso a Santa Mariña, Leis e Cereixo.

No exterior, a fiestra da ábsida mostra unha decoración con posibles influxos do románico de Praterías polo uso do arco tetralobulado.

Acceso

Na estrada AC 432 de Ponte do Porto a Camariñas, desvio a O Pedrouzo no lugar de Xaviña.
Arriba
Axúdanos a mellorar!