IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE REDONDA

Relixioso
1354
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Redonda (San Pedro)

Lugar: Redonda

Rúa: Campo da Igrexa

15137  Corcubión - A Coruña

Coordenadas:
42º 55' 17.9" N - 9º 12' 12.9" W

Descrición

Construída a finais do século XII e principios do XIII, presenta nave de planta rectangular e cuberta a dúas augas con cubrición de tella. A fachada ten un arco de medio punto apoiado no muro; canzorros decorados con motivos vexetais que sustentan a cornixa; espadana dun corpo con dous arcos de medio punto peraltados sobre piares, un frontón, dous acroterios piramidais e unha cruz. No interior conta con varios retablos con imaxes.

Acceso

Desde a capital municipal, dirixirse pola estrada en dirección a Fisterra. Á saída de Corcubión, á altura do Campo de San Roque, virar á esquerda para Redonda.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba