IGREXA PARROQUIAL DE SAN SEBASTIÁN DE SERRAMO

Relixioso
940

Localización

Parroquia: Serramo (San Sebastián)

Lugar: Serramo

15127  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 03' 52.9" N - 8º 59' 21.9" W

Descrición

A igrexa de estilo románico e barroco é famosa pola súa cruz procesional, considerada a máis antiga de Galicia. Trátase dunha xoia da ourivería galega do século XII, tempos do arcebispo Xelmírez. Dise que o doador da cruz, Ordoño, puido ser un abade de Moraime que a legou a Serramo para enriquecer a igrexa tras un ataque ao lugar por parte de piratas. Alén dos retablos barrocos, destaca no seu interior a tumba do creador da capela de Santo Antonio, un sacerdote que asocia no seu escudo a súa liñaxe á descendencia dos Moscoso de Altamira entre outras familias.

Acceso

Desde Vimianzo tómase a rúa Tedín e continúase por esa estrada ata chegar ao Arxomil. Alí seguiremos dirección a Baíñas, xirando no cruzamento á esquerda cara ao lugar de Serramo.
Arriba
Axúdanos a mellorar!