IGREXA DE SAN XULIÁN DE BASTAVALES

Relixioso
2734

Localización

Parroquia: Bastavales (San Xulián)

Lugar: Soigrexa

15280  Brión - A Coruña

Coordenadas:
42º 49' 27.2" N - 8º 40' 13.6" W

Descrición

Esta igrexa de planta de cruz latina e unha única nave cuberta con bóveda de canón, construida en 1768 sobre un antigo templo románico, forma parte do conxunto arquitectónico relixioso máis relevante do concello. Obra dos mestres canteiros Xoán Antonio Nogueira, Tomás del Río e Manuel Varela coa probable intervención do arquitecto Lucas Ferro Caaveiro, autor, entre outras, de parte da fachada de Praterias de Santiago de Compostela.
No interior destacan os magníficos retablos de diferentes obradoiros escultóricos, como o retablo maior de Xosé Ferreiro, ou os laterais de Gregorio Arias Mariño baixo deseño de Miguel Ferro Caaveiro e Melchor Prado. De facturas posteriores son o fermoso atrio de perpiaños (1828) e o resto do conxunto: fonte, cruceiros, escalinata ou a Capela do Carme, de entre 1864 e 1932. 

A torre campanario de catro corpos superpostos, levantouse en 1827 e foi protagonista do famoso poema Campanas de Bastavales, da esgrevia poetisa galega Rosalía de Castro. 
Arriba