IGREXA DE SAN CRISTOBAL DE COUZADOIRO

Relixioso
1116

Localización

Parroquia: Couzadoiro (San Cristovo)

Lugar: Corvelle

15339  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 40' 06.9" N - 7º 47' 35.9" W

Descrición

Igrexa, de estilo barroco de tipoloxía rural, dos séculos XVII-XVIII. Presenta unha planta de cruz latina onde se desenvolve unha soa nave. No interior destacan dous retablos realizados en madeira policromada, que están situados nun dos brazos do cruceiro. Tamén garda unha curiosa imaxe da Virxe Negra de Loreto. No exterior a ornamentación atópase na fachada principal. Trátase dunha igrexa simple e sinxela. Nun dos laterais conta cun adro cuberto para cobixar aos fieis en días chuviosos.

Acceso

Dende Ortigueira, tomar a AC-862 en dirección a Viveiro ata chegar ao comezo dunha estreita ponte sobre o río Baleo, onde se colle á dereita en dirección a Couzadoiro, e a pouca distancia áchase a igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!