IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE CABANAS

Relixioso
169

Localización

Parroquia: Cabanas (Santa María)

Lugar: A Igrexa

27868  O Vicedo - Lugo

Coordenadas:
43º 37' 39.9" N - 7º 41' 15.9" W

Descrición

Igrexa de planta rectangular, fabricada con muros de cachotería granítica e luosenta rebocada de cal con cadeirado nas partes máis nobres, cuberto a dúas augas de lousa na nave, a catro na capela maior, e a tres na sancristía pegada no lateral esquerdo. A nave data do século XIV, mostra de estilo oxival, mandada construír polo prelado mindoniense en 1392. O resto do templo data do s. XVIII, como a torre campanario pegada ao frontis polo ángulo esquerdo de tres corpos e remate en cupulino. Nun dos laterais, adro cuberto para cobixar aos fieis en días de inverno. Portada principal con dúas arquivoltas que enmarcan un tímpano no que figura un escudete dos Andrade, sostido por dúas columnas de capiteis de follas carnosas. Nun ángulo do aleiro, un xabaril de granito (símbolo emblemático do municipio que forma parte do escudo de armas) cunha cruz lobulada. Interior: capela maior con cúpula semiesférica, arco triunfal de medio punto, pila bautismal oxival e retablo maior salomónico do s. XVIII, con algúns talles ben antigas.
Arriba