ERMIDA DA VIRXE DE CHAMORRO

Relixioso
754
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Serantes (San Salvador)

Lugar: Serantellos

15405  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 30' 28.0" N - 8º 14' 42.9" W

Descrición

Esta capela, sen estilo definido, posúe dúas denominacións diferentes: unha a de capela da Virxe do Nordés e outra a de ermida de Chamorro. A ermida cristianiza unha situación de antigos cultos páganos. Única nave rectangular e muros de cadeirado de granito, alternados cos de cachotaría. O muro sur da cabeceira conserva unha inscrición que permite datala no primeiro terzo do XVI. Realizáronse obras posteriores no XVII. A capela maior conta cunha bóveda de crucería de 13 claves, onde a pedra debuxa unha estrela de 4 puntas, alí sitúase o retablo barroco presidido pola imaxe da Virxe co Neno, bajomedieval. Hai unha lenda asociada á Virxe de Chamorro ou Nuestra Señora del Nordés. En 1666, recén formada a Confraría da Virxe de Chamorro organízase a romaxe para difundir a devoción. Dende o alto do monte divisábase a ría, coas escuadras reais invernando e esperando a orde de partida con destino a algunha batalla naval. Un día un pescador, co bote a punto de afundirse baixo o mar embravecido, implora axuda á Virxe do Nordés e angustiado exclama: "Xa morro". A Virxe sálvao e dende entón denomínase ao lugar, a ermida de Chamorro. Dende as súas inmediacións pódese contemplar unha magnifica vista da cidade e a ría de Ferrol.

Acceso

Dende Ferrol, pola estrada Covas - Esmelle, despois de percorrer 2,5 Km hai un desvío sinalizando a ermida de Chamorro.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba