IGREXA DE SAN MARTIÑO DE XUBIA

Relixioso
1132
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Xubia (San Martiño)

15407  Narón - A Coruña

Coordenadas:
43º 29' 52.9" N - 8º 10' 26.9" W

Descrición

A actual planta basilical da igrexa de San Martiño, de tres ábsidas semicirculares foi edificada en 1137 por orde do conde de Traba. O seu enclave, ao carón da ría fai deste un lugar privilexiado.
Ten 3 naves divididas por arcos de medio punto, sustentado en piares compostos.Sobre a nave central, tres chanzos dan paso a Capela Maior, iluminada por tres ventanas enmarcadas nun gran arco de triunfo. Unha cubrición de madeira esténdese pola súa teitume . A porta da igrexa é única, carece de tímpano orixinal porque rompeu e foi reutilizado. A porta artellase sobre dúas arquivoltas coroadas por un arco decorativo de cadrados e semicírculos rebaixados na pedra. 
Por esta igrexa pasa o camiño inglés e parte o de Santo André. 

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!