IGREXA DE SANTA BAIA DE BOIRO

Relixioso
888
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Boiro (Santa Baia)

Lugar: Boiro

Rúa Cruceiro, s/n

15930  Boiro - A Coruña

Coordenadas:
42º 38' 54.0" N - 8º 52' 53.9" W

Descrición

A igrexa é de cruz latina dunha soa nave, algo desfigurada polo engadido de dúas capelas laterais. A nave principal cóbrese con bóveda de canón sobre arcos faixóns de medio punto que a dividen en cinco tramos. A ábsida e un dos brazos transversais cóbrense con bóvedas de aresta. O cimborrio cóbrese con cúpula de aresta con nervios sobre ménsulas. Consérvanse as columnas románicas primitivas a xeito de ornamento. A sancristía é de planta cadrada e accédese a ela dende o presbiterio. Os muros son de cadeirado en granito e as cubertas son a dous e tres augas de tella curva. A reforma barroca do s. XVIII concentrouse na fachada principal, de forma rectangular e rematada por unha cornixa horizontal con balaustrada. No eixe sitúase o campanario de planta cadrada. A portada remátase cun arco plano e, sobre esta, unha fornela adornada con volutas que contén a imaxe da virxe.

Acceso

No núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!